domingo, 8 de julio de 2012

UN PLAN PARA AS VACACIÓNS

Ola de novo! Xa pasaron dúas semanas desde que rematou a escola e, a pesar de que o tempo non acompaña moito, seguro que estades disfrutando a tope das vacacións. Hoxe vin un anuncio na tele dunha nova película das famosas "ICE AGE" (de animación para os nen@s) que está de estreo nos cines. Titúlase ICE AGE 4: A FORMACIÓN DOS CONTINENTES e, ainda que eu non a puiden ver ainda, penso que podería gustarvos moito tendo en conta o estudo do mundo que fixeron os pequechos neste curso. Así que, xa sabedes! Si vos apetece ir ao cine, este pode ser un bo plan para unha tarde de choiva! un biquiño grande para todos!