miércoles, 17 de julio de 2013

RECURSOS ED. INFANTIL

Pica nas seguintes imaxes para xogar e repasar alguns conceptos que traballamos na aula!
É moi divertido!





miércoles, 10 de julio de 2013

GALINHA PINTADINHA: OUTRA VERSIÓN DA NOSA FORMIGUIÑA!

Os nosos veciños portugueses teñen uns debuxos moi divertidos e orixinais. Os da galinha pintadinha! Non os coñecedes? Aquí vos deixo outra versión da canción que cantamos no entroido os peques de infantil: "FUN AO MERCADO". A bailar!
 

FIN DE CURSO NO PATIO!

Aquí vos deixo algunhas imaxes do último día de curso. Festa, xogos e comilona!! Que ben o pasamos! Que nos deparará o vindeiro curso? Seguro que moitas novidades e sorpresas!!

FESTA NA CLASE!

Despois destes días sen escribir, xa botaba en falta actualizar o blog e, ainda que xa non haxa clase e os pequechos estén disfrutando das vacacións, quedan algunhas fotos dos últimos días do pasado curso por publicar. Por exemplo as do penúltimo día, o 20 de xuño, en que fixemos unha pequena festa de despedida na aula. Pasámolo de rechupete pero botamos moito de menos ao noso compañeiro ANXO, que esa semana estivo enfermiño e non puido asistir... Espero que agora xa estés moi ben, Anxo!!